As cidades mergulladas

As cidades mergulladas
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
No disponible


Este volume recolle e reoordena a produción poética de Xosé Miranda nos case últimos vinte anos. Prologado por Darío Xohán Cabana, reune os nove libros de poemas escritos polo autor dende 1973 ata a actualidade: «Lenta luz dos lousados» (1973-1982); «Amantes e viaxeiros» (1984), premio Eusebio Lorenzo Baleirón 1995; «Carozo azul» (1985), accésit do premio González Garcés 1996; «Vésperas de min mesmo» (1986); «Sonetosfera» (1993), accésit do premio Esquío 1995; «Se parte a miña alma» (1994); «Permiso para o corso» (1995), premio Esquío 1996; «Escondida senda» (1997); «Inverno e outras ausencias» (1998-2002). Para Darío Xohán Cabana «o presente é un libro necesario, un libro composto de libros, ou por mellor dicir, dos capítulos que foi escribindo despaciosamente un poeta case clandestino, un poeta certamente estraño ?por ser estraño, ata non é profesor de Literatura, senón de Bioloxía, cousa que ben se nota en moitos dos seus versos?. Un poeta que de repente emerxe á consideración xeral cunha obra non só estensa, senón especialmente intensa, cunha sensibilidade dolorosa e pouco amable. Un poeta co que loitamos a brazo partido, e que pode mancarnos, que o máis probable é que nos manque.» Un volume esencial que recolle aos dous Mirandas poéticos. Aquel primeiro, que iría desde 1973 a 1986, de «Lenta luz nos lousados» a «Vésperas de min mesmo», o Miranda que ama especialmente o verso libre, ?música composta sobre os pés esenciais dos máis antigos ritmos?, cuxa forma máis simple e consagrada é o alexandrino branco. O outro Miranda sería o que vai de «Sonetosfera», escrito en 1993, despois de varios anos de abstinencia do verso, ata os poemas últimos de «Inverno e outras ausencias». Aquí o poeta abrázase ao soneto, pezas de tensión formal rabiosa, de escollida e asumida dificultade, construídas de acordo cos máis estritos esquemas clásicos e modernos e con rimas francamente difíciles. Toda a obra, pois, un dos nosos grandes poetas.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar