Vigo e comarca en bicicleta de montaña

Vigo e comarca en bicicleta de montaña
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
No disponible


Vigo e comarca en bicicleta de montaña é un libro esencial para gozar da natureza dunha das zonas máis fermosas de Galicia: a Ría de Vigo e mailo seu entorno paisaxístico. . Xosé Ramón Varela, un bo coñecedor do mundo da bicicleta, ofrécenos 20 rotas por Vigo e comarca que lle permiten ó afeccionado facer cómodos percorridos en bicicleta desde a súa propia casa. O monte Aloia; da Madroa ó parque do Vixiador por Trasmañó; a zona de Monteferro; a Costa da Vela, na península do Morrazo; Monte Faro, pasando pola rocha de Beethoven a San Cibrán; os cumes da Serra do Galiñeiro; de Vigo ó encoro das Eiras; a rota circular entre o Curro de San Cibrán e o Alto da Pedrada, sobre a baía de Baiona; o itinerario que conduce ó Monte Aloia pola Serra da Grova; un fermoso percorrido pola Guía; os montes de Coruxo a Chandebrito; da Fraga de Coiro ó Monte Faro e Domaio... todos eles fermosos percorridos para os amantes da bicicleta, ou mesmo para facer a pé se o camiñante é atrevido.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar