Viaxe por Galicia


Autor/es: George Borrow
Viaxe por Galicia
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
No disponible


Un libro moi especial. Polo seu autor George Borrow, alcumado no seu Tempo Jorgito El Inglés, viaxeiro, escritor e vendedor de biblias na España e na Galicia de mediados do pasado século. Borrow escribiu ese libro fascinante e irrepetible que é The Bible in Spain e do que agora presentamos os oio capítulos galegos. Entrou en Galicia no verán de 1837 polos montes do Bierzo e percorreu Lugo, Santiago, Vigo, Ferrol, Ribadeo, Pontevedra, Caldas, Padrón, ata chegar á punta extrema de Fisterra. Exemplo de viaxeiro romántico. Observador de excelente calidade que nos transporta a outro tempo e que conseguíu que o seu texto, hoxe, non perda actualidade. Pero tamén un libro distinto polo seu traductor e anotador o académico Salvador García Bodaño, autor dunha versión galega exquisita e de grande riqueza léxica. E pola súa edición en papel estucado arxenta mate crema de 90 gramos, encadernado en cartoné, con camisa exterior a cinco cores e gardas en papel verxurado torreón beige. O deseño e a maquetación son de Miguel Vigo e Salvador García Bodaño Pereira, e a ilustración da cuberta do acuarelista británico lam Colqhoum.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar