Cincuenta asasinatos breves e un prólogo

Cincuenta asasinatos breves e un prólogo
Recomendar a un amigo Añadir a mis libros
En papel:
Entrega en 5-7 días
15,80 € 14,22 € (Descuento -10.0%)
Consultar disponibilidad en tiendas


De orixe galega, Antonio Sánchez Lorenzo é autor de Fifty short murders and a prolog, a súa primeira postproducción literaria como socio director de Comunicación tres.1000, a empresa fantasma, con intereses literarios, que manten sólidos lazos co mundo estadounidense da costa leste. A presente edición e versión en galego desta orixinalísima obra, publicada en Xerais Narrativa, correspondeu a Ramón Guitérrez Izquierdo. Estes cincuenta e dous relatos breves, dous deles inscritos nun apéndice, naceron a partir doutras tantas novelas longas que foron reescritas, reducidas e sintetizadas por un numeroso equipo de colaboradores, dirixido e coordinado por Antonio Sánchez Lorenzo que representaba ao autor (que por vaidade prefire quedar no máis absoluto anonimato) dun traballo literario moi dificilmente publicable cos criterios que, pola súa extensión desmesurada, hoxe utiliza o mundo editorial. Antonio Sánchez Lorenzo, en calidade de representante exclusivo do autor orixinal e máis de coordinador do equipo de autores finais e como autor do prólogo, asume así a autoría total deste libro. As historias de Cincuenta asasinatos breves e un prólogo, non se refiren todas elas a asasinatos, entroncan coas caudalosas novelas de tódolos tempos, e ben puideron resumirse noutra época: un grupo de amigos descubre ó traidor gracias á cadeira sempre desocupada do café ó que acuden diariamente; a chamada da morte que persegue a alguén que se extraviou de xeito absurdo polas rúas dos suburbios da gran cidade; o regreso á Terra do derradeiro ser humano; o soño do que posuía un instinto infeliz; unha decepcionante fin do mundo? Historias todas elas que falan doutros mundos pasados, futuros ou incertos, que teñen a virtude de mergullarnos na nosa cotiá e tenebrosa irrealidade. Este libro é froito dun xogo de imposturas e suplantacións da obra literaria.

Introducir comentario
últimos libros visitados
Libros escritos por
Si no se cargan automáticamente los resultados, pulse aqui para cargar